The Skarnivals regresa con 'Latexos' e anuncia nova xira

A banda de ska punk The Skarnivals, nada en Bueu (O Morrazo). (Foto: Galunk Producións)
A banda de ska punk The Skarnivals regresa aos escenarios despois de sete anos. 

Sete anos despois do lanzamento do seu último traballo, onte volveu The Skarnivals, unha das grandes bandas de ska do país. Latexos, de Galunk Producións, é o nome dun disco cargado de "forza e enerxías renovadas" co que o grupo comeza unha nova etapa. Xunto co álbum publican tamén o último sinxelo de presentación, "Latexo", ambos os dous dispoñíbeis en todas as plataformas dixitais. 

O disco Latexos vén acompañado por unha xira galega que arrancan "na casa", o 4 de febreiro na sala Aturuxo de Bueu (O Morrazo). Outras datas confirmadas son A Coruña, o 11 de febreiro; Ourense, o 25 de marzo; e Santiago de Compostela, o 20 de maio.