CULTURA

Suspendida a gala dos XXIV Premios de Teatro María Casares

Suspendida a gala dos XXIV Premios de Teatro María Casares

maria casares

A Asociación de Actores e Actrices de Galiza (AAAG), entidade organizadora dos Premios de Teatro María Casares, apraza a gala de entrega dos premios, que estaba prevista celebrarse no Teatro Rosalía Castro da Coruña a quinta feira 26 de marzo, así como as actividades paralelas previstas.

O prazo de votacións, realizado telematicamente a través da plataforma de votación dispoñible para o censo de votantes, continuará adiante.

Dependendo dos acontecementos, a organización dos premios decidir, cando sexa posible, o xeito de comunicar os e as gañadoras nas catorce categorías, reservándose a posibilidade de celebrar a gala noutro momento do ano ou reformular tanto a comunicación pública coma a entrega dos galardóns.

comentarios