Sicixia presenta o seu primeiro disco na Gentalha do Pichel

Sicixia.
'Cascallos' é un EP con catro temas contundentes.

O 3 de xaneiro publicouse en redes e plataformas dixitais Cascallos, o primeiro EP de Sicixia. Chega con 4 temas contundentes, variados pero coherentes, con influencias de bandas de metal progresivo como Tool, Dream Theater ou Porcupine Tree e referencias clásicas como Iron Maiden ou Megadeth.

Cascallos non é un álbum conceptual, pero todos os temas comparten un mesmo fío argumental, tratando temas como a guerra, as migracións, o illamento e a defensa dos dereitos sociais desde unha perspectiva xeracional.

Sicixia estará o vindeiro sábado día 18 na Gentalha do Pichel, en Compsotela, presentando o novo traballo, acampañados da banda de black metal viguesa Dioivo. O concerto será ás 21 horas.

O quinteto está formado por Carlos Faye (voces e guitarra), Iria Iglesias (teclados), Marcos López (guitarra), Manuel Carballada (batería) e Manuel Duro (baixo), que tomou o relevo de Iago Alvite, anterior baixista da banda e responsable do baixo na gravación do EP. A produción correu a cargo de Pla Vinseiro e a mestura e o máster foron realizados por Xalo Estudios en Ourense. O disco gravouse nos estudios da Casa do Rock en Compostela.