SES supera os 5.000 discos vendidos de ‘Opoñerse á extinción’ e os 6.000 espectadores en 10 concertos

O seu concerto en Compostela o vindeiro 8 de abril pon o ramo á xira de presentación do traballo. A máis dunha semana da actuación todas as entradas xa están vendidas.

SES
photo_camera SES

O 'fenómeno SES' semella que non frea e continúa con máis vitalidade e forza que nunca. SES porá o ramo este 8 de abril en Compostela á primeira parte da súa xira de presentación do seu último disco, ‘Opoñerse á extinción’. Un concerto para o que xa están esgotadas todas as entradas a 11 días do evento.

Deste xeito remata unha xira de 10 concertos na Coruña (dous), Narón, Ourense, Vigo, Pontevedra, Burela, Bilbo, Madrid e Compostela, aos que asistiron máis de 6.000 espectadores. Fechada con éxito esta fase, agora a cantora bergantiñana comezará coa tempada de festivais e festas, que a levarán de novo nos vindeiros meses a actuar en Cataluña, Valecia, Madrid, para alén de Galiza.

Ademais, o seu último disco xa lsuperou as 5.000 copias vendidas, algo logrado en apenas catro meses, nada doado na música en galego.

Comentarios