O pergameo Vindel

Regresa o tesouro de Martín Códax

A maior xoia bibliográfica galega, o pergameo Vindel, volve á Ría de Vigo que inspirou o poeta Martín Códax. Será este outubro cando poidamos disfrutalo no Museo do Mar, onde ficará varios meses para logo regresar á Morgan Library de Nova York, de onde será a primeira vez que sae. Contámolo no Sermos Galiza 246. Eis un extracto.

O ansiado regreso do Pergameo Vindel comezou, tal e como nos contou a profesora da Universidade de Vigo, Camiño Noia, nunha viaxe a Nova York de Margarita Ledo e Cipriano Jiménez, na que foron visitar a Morgan Library Museum que acolle o pergameo desde os anos 70. Alí preguntaron se sería posíbel que viñese a Galiza para dedicarlle unha exposición monográfica e “dixéronlle que si, pero baixo unhas condicións, unha das cales era que o organismo receptor fose unha institución académica”.

“Entón voltaron e, emocionados, pensaron que debía ser a Universidade de Vigo e pensaron en min, por ser catedrática do Departamento de Filoloxía Galega”. Así se empezou a tecer a idea do regreso dunha xoia bibliográfica escrita no século XIII polo poeta Martín Códax.

5Aínda que o termo “regreso” non sexa acaído de todo. “Se cadra o pergameo non estivo en Galiza nunca. Se cadra foi escrito nunha cidade onde estaba a corte do rei, non tivo por que pisar este país nunca”, lembra Francisco Singul, o historiador que vai comisariar a exposición que acollerá o documento.

[Podes ler a información íntegra no Sermos Galiza 246, á venda na nosa loxa e nos quiosques e puntos de venda habituais]

Comentarios