Os primeiros xornais en galego (1840-1912): A voz do País

Do período rexionalista previo á eclosión das Irmandades da Fala hai unha publicación en lingua galega da que se sabía moi pouco. Trátase de A voz do País, “semanario rexionalista” publicado en Monforte de Lemos no ano 1912, do que existe unha colección na Real Academia Galega consultábel en Galiciana.

Monforte de Lemos convertérase a raíz da inauguración do ferrocarril Palencia-A Coruña en 1883 nun ponto de importancia comunicacional na Galiza. Quizais por iso, varios encontros e acontecementos de importancia de ámbito galego celebráronse na cidade do Cabe: as Asembleas Agrarias de 1908, 1910 e 1911 ou a IV Asemblea Nacionalista de 1922.

 
Debes estar rexistrado para ler este contido
star
Poderás rexistrarte co teu correo. É rápido e gratis.
Precisa axuda? Envíanos un correo electrónico a subscricion@nosdiario.gal.