Os primeiros xornais en galego: 'O Novo Galiciano'

Cabeceira de 'O Novo Galiciano'. (Foto Biblioteca da Galiza)
Foi outra expresión xornalística do movemento rexionalista en Pontevedra. Situado na mesma liña doutras publicacións galegas, como O Tío Marcos d'A Portela, ou pontevedresas, como O Galiciano, editouse con carácter semanal entre 1888 e 1889 baixo a dirección de Juan Manuel Rodríguez de Cea. Xornal monolingüe en galego, no seu escaso ano de vida os seus contidos responderon á orientación dos xornais da corrente social protonacionalista, destacando pola súa firme defensa da lingua e da creación cultural en galego. A carón de colaboracións literarias de diversos autores galegos, destacou pola súa crítica a determinados aspectos do réxime da I Restauración borbónica, de modo moi significado do caciquismo como forma de organización do poder.
 
Debes estar rexistrado para ler este contido
star
Poderás rexistrarte co teu correo. É rápido e gratis.
Precisa axuda? Envíanos un correo electrónico a subscricion@nosdiario.gal.