Peter Punk estrea “Peor Imposible”, humor para tempos tristes

Que pode facer un pallaso nuns tempos tan tristes? Peter Punk estrea Peor imposible, un espectáculo de humor para deitar unha mirada aceda e clow sobre unha realidade cincenta. 

Peter Punk
photo_camera Peter Punk

Redondela acolle esta quinta feira a pre-estrea de Peor imposible, o cuarto espectáculo de Peter Punk, un pallaso que, con máis de 900 actuacións, converteuse nun dos nomes de referencia no humor galego con recoñecemento tamén máis alá das nosas fronteiras. 

Con mirada clown, Peter Punk analiza a nosa realidade de maneira contundente, porque o seu humor é tamén político. En Peor imposible  non pasa por alto da dura situación que se atravesa, para, con acidez, asinar a crónica dun pallaso que chega a súa madurez artística nunha aposta polo compromiso tamén no humor. 

Detrás da personaxe de Peter Punk agóchase Isaac Rodríguez que consolida con este novo espectáculo a súa colaboración con Walter Velázquez, o recoñecido dramaturgo arxentino que vén de dirixir a última montaxe do Teatro Nacional Cervantes de Buenos Aires. Como divertido e emocionante, irreverente e comprometido preséntase a súa nova proposta que se presenta en pre-estrea en Redondela e terá a súa estrea internacional esta sexta feira no Festiclown Rivas-Vaciamadrid 2014. “Peor imposible” estará a seguir, o 1, 2 e 3 de xullo na Mostra de Teatro Cómico e Festivo de Cangas para logo iniciar unha xira por prazas e teatros galegos. 

Peter Punk Peor Imposible from Culturactiva on Vimeo.

Comentarios