martes 31.03.2020

O Parque do Pasatempo xa é Ben de Interese Cultural

O proceso de deterioro que levaba sufrindo o Parque do Pasatempo de Betanzos desde o golpe de Estado de 1936 parecía inexorábel, mais a iniciativa cidadá presentada en marzo de 2017 para que fose declarado BIC abriu a posibilidade de que hoxe comece reverterse a situación dun patrimonio único na Galiza.
Estanque do Retiro no Parque do Pasatempo (Foto: Nós Diario).
Estanque do Retiro no Parque do Pasatempo (Foto: Nós Diario).

O Parque do Pasatempo de Betanzos foi declarado Ben de Interese Cultural (BIC) por parte da Xunta da Galiza, que o definiu como "un dos máximos expoñentes do eclecticismo" no país. O Goberno galego aprobou no día de onte o decreto para este nomeamento como ben inmóbel coa categoría de "xardín histórico".

O elemento principal delimita-do é o propio parque, mais in-clúe outros compoñentes "sin-gulares", como son a estatua da Caridade, a fonte das Catro Estacións e os restos do antigo muro de peche que, en conxun-to, "acreditan o seu valor cultu-ral e singularidade tipolóxica".Na rolda posterior ao Consello da Xunta, o presidente Feixoo destacou o seu valor científico-técnico, e anunciou esta declaración laiándose de que "é unha mágoa que estea como está este xardín, único na tradición galega", e apuntou a un reparto dos gastos entre as diferentes administracións, pois confía que "entre Xunta, Concello e Deputación se poida reparar".

Un "expediente complexo"

O propio Feixoo cualificou o Parque do Pasatempo de "expediente complexo", e salientou que durante a tramitación procuraron "harmonizar un alto grao de consenso social coa salvagarda patrimonial". "En concreto, recibíronse un total de 15 alegacións, das que 14 foron estimadas total ou parcial-mente, o que supón unha aceptación por enriba de 93%".

Como aspecto "innovador" deste procedemento, explica o Goberno galego, "poderase desenvolver un proxecto ou plan de conservación do xardín histórico" que estabeleza os crite-rios para a súa futura conserva-ción, mantemento, restauración, interpretación e difusión.

A declaración incluirase no Rexistro de Bens de Interese Cultural da Galiza, e comunicarase ao Rexistro Xeral de Bens de Interese Cultural da Administración Xeral do Estado.Complementariamente, foron solicitados os preceptivos informes consultivos ao Consello da Cultura e á Academia das Belas Artes, que deron o seu visto bo

comentarios