domingo 29.03.2020

O Panteón de Galegos Ilustres continúa en completo abandono

Após 125 anos do traslado dos restos de Rosalía ao Panteón de Galegos Ilustres debruzámonos sobre este símbolo nacional. 

Panteón de Galegos Ilustres
Panteón de Galegos Ilustres

En 1891 varios colectivos da emigración e do país decidiron, nun acto de afirmación nacional, co consentimento da familia de Rosalía de Castro, trasladar os restos da poeta desde o cemiterio de Adina de Iria Flavia á igrexa de San Domingos de Bonaval para honrar a poeta. Hoxe, 125 anos despois e con cinco persoeiros máis alí soterrados, o Panteón de Galegos Ilustres é propiedade da Igrexa católica e non ten sequera un sinal no exterior que anuncie a súa existencia. 

Após 125 anos o Panteón é propiedade da Igrexa Católica e non ten sequera un sinal exterior que anuncie a súa existencia

Nada lle indica ao visitante indocumentado que alí, dentro da igrexa de San Domingos de Bonaval, está o panteón nacional de Galiza, que abeira os restos de Rosalía de Castro, Castelao, Alfredo Brañas, Ramón Cabanillas, Domingo Fontán e Francisco Asorey. Ningunha indicación, ningunha web que lle dedique atención e ningún acceso directo. Só é posíbel entrar a través do Museo do Pobo Galego, sen competencia ningunha sobre o monumento máis que o de facerlle de “porteiro”, como denuncia o seu propio presidente, Justo Beramendi. 

Poder ler a reportaxe completa no nº183 do semanario en papel. Á venda xa en quiosques e librarías. Tamén na loxa virtual. 
 

comentarios