luns 30/11/20

‘Ons’, de Alfonso Zarauza, ten esta quinta feira a súa estrea mundial no Festival de Sevilla

O SEFF acolle premiere da película que, antes da súa chegada ás salas de cinema, fará tamén parada este mes de novembro en Cineuropa, Márgenes e na Culturgal.


 
Fotograma de 'Ons', de Alfonso Zarauza.
Fotograma de 'Ons', de Alfonso Zarauza.

Esta quinta feira o Festival de Cine Europeo de Sevilla (SEFF) acollerá a estrea mundial de Ons, a quinta longametraxe do cineasta Alfonso Zarauza.  A sección Historias Extraordinarias - Special Screen, na que se enmarca a proxección do filme, é unha das novidades da 17ª edición do Festival de Sevilla. Nela participan catorce títulos de países como Reino Unido, Bélxica, Francia, Irlanda ou Dinamarca.

Antes da súa chegada ás salas de cinema, o filme de zarauza continuará co seu percorrido por festivais como Cineuropa (o 22 de novembro, no que o director recollerá tamén un dos premios honoríficos desta edición) ou Márgenes (cunha proxección o 28 de novembro na Cineteca de Madrid).

Alén disto, o próximo 27 de novembro a Culturgal tamén contará na súa programación cun evento especial no que, antes da súa proxección, integrantes do equipo presentarán o filme e contará coa música ao vivo de Chicharrón.

Zarauza presenta neste drama con toques de misterio un matrimonio en crise (Melania Cruz e Antonio Durán ‘Morris’) que trata de salvar a súa relación vivindo unha temporada na illa de Ons. Unha vez alí, o seu destino cruza co dunha muller amnésica que aparece naufragada na praia. Completan o reparto Xúlio Abonjo, Marta Lado, Anaël Snoek, Miguel de Lira, Diego Anido, Montse Martínez e Cris Iglesias.

comentarios