O Festival do Leite, prato forte da fin de semana

Será este sábado en Pontevedra, na Illa das Esculturas.

DeVacas
photo_camera De Vacas está no cartaz do Festival do Leite

II Venres en Sansa

San Sadurniño

Diversos espazos

Sexta feira

Danzas urbanas, manexo de drons, graffiti, mindfulness e preparación de cócteles e combinados sen alcol, todas son actividades gratuítas e propostas de lecer alternativo destinadas á mocidade de entre 12 e 35 anos. Esta é a cuarta edición do programa Venres en Sansa impulsado pola área de Mocidade que, desta volta, se realiza na sexta feira 14 de setembro e na próxima 12 de outubro con máis actividades.

 

De troula

Teo

Praza Circular dos Tilos

Sexta feira

19.00

Uxía Lambona e a banda molona achegan unha proposta lúdica, musical e educativa de teatro infantil para todos os públicos.

 

Concerto de saxo e piano

Pontevedra

Teatro Principal

Sexta feira

20.30

Rafa Yebra (saxo) e Pablo Rodríguez (piano) casan música clásica contemporánea con rock, jazz e outros estilos populares nunha proposta que xoga coas obras de Debussy, Decruck, Villalobos, Hindemith e Schumann.

 

III Festival do leite galego

Pontevedra

Illa das Esculturas

Sábado

A cidade do Lérez acolle a terceira edición do Festival do Leite Galego, organizado pola Cooperativa Deleite, con Sés, De Vacas, Triángulo de Amor Bizarro e The Limboos como pratos fortes nun escenario polo que tamén pasarán Bifannah, Disco Las Palmeras, The Soul Jacket, La Casa de los Ingleses, Cora V, Fold & Colt e Carlangas DJ. Ademais, as crianzas gozarán da man de María Fumaça, A Gramola Gominola e Luis Davila.

 

XXXII Semana Cultural de Conxo

Compostela

Barrio de Conxo

Conclúe este sábado

Teatro, contos, maxia, xogos populares e un paseo botánico-literario polas marxes do Sar, guiado por Martín Souto, e con lecturas dramatizadas co grupo de mulleres poetas Palabras Vivas.

 

María do Ceo, De Portugal a Galiza

Palas de Rei

Praza do Concello

Sábado

23.30

Neste espectáculo, a cantante portuguesa realiza unha viaxe desde a Lisboa do Bairro Alto, a través dos fados máis tradicionais, un repaso da súa traxectoria de vinte anos de carreira musical.

 

XV Romaría Coral Galega

Compostela

Cidade da Cultura

Domingo

18.30h

Máis de trinta corais de toda Galiza participan neste certame, en colaboración da Banda Municipal de Santiago de Compostela para a interpretación das pezas finais do encontro.

 

O entroido solitario

Carballo

Pazo da Cultura Cultura

Até 2 de outubro

Unha exposición fotográfica de Xoán Crespo, autor galardoado na última edición por unha mostra que achega unha visión orixinal do entroido galego.

 

 

 

Comentarios