O Castro de Doade: Unha fortificación da Idade de Ferro no corazón do Deza
Coñecido pola veciñanza como Castro de Penedo ou Aurela do castro, está situado na parroquia de San Pedro de Doade, Concello de Lalín, nun lugar alto e preeminente. Atópase entre dous ríos: no seu lado norte e leste, existe unha ruptura de pendente cara ao río Asneiro que favorece a súa defensa. Do lado Oeste outra menos pronunciada cara a un afluente. Desde os seus 544 metros sobre o nivel do mar, domina a práctica totalidade de lugares da parroquia –Doade, Vilanova e Soutolongo– e parte da parroquia de Botos. É un espazo habitacional fortificado, que ocupa case unha hectárea, posibelmente dedicado á obtención de recursos. Puido ter estado habitado ao longo da Idade do Ferro e o período Romano.
Os traballos arqueolóxicos no Castro de Doade comezaron no ano 2015. A idea era engadir un elemento máis á experiencia de contacto coa cultura galega que ofrece o Museo Casa do Patrón. A fórmula…
Debes estar rexistrado para ler este contido
Se xa tes unha conta, inicia sesión
Poderás rexistrarte co teu correo. É rápido e gratis.
Precisa axuda? Envíanos un correo electrónico a subscricion@nosdiario.gal.