O Castro de Doade: Unha fortificación da Idade de Ferro no corazón do Deza

Vista aérea do Castro de Doade. (Fotos: Alejandro Ramil Blanco e Vanesa Trevín Pita)
Coñecido pola veciñanza como Castro de Penedo ou Aurela do castro, está situado na parroquia de San Pedro de Doade, Concello de Lalín, nun lugar alto e preeminente. Atópase entre dous ríos: no seu lado norte e leste, existe unha ruptura de pendente cara ao río Asneiro que favorece a súa defensa. Do lado Oeste outra menos pronunciada cara a un afluente. Desde os seus 544 metros sobre o nivel do mar, domina a práctica totalidade de lugares da parroquia –Doade, Vilanova e Soutolongo– e parte da parroquia de Botos. É un espazo habitacional fortificado, que ocupa case unha hectárea, posibelmente dedicado á obtención de recursos. Puido ter estado habitado ao longo da Idade do Ferro e o período Romano.
 
Debes estar rexistrado para ler este contido
star
Poderás rexistrarte co teu correo. É rápido e gratis.
Precisa axuda? Envíanos un correo electrónico a subscricion@nosdiario.gal.