Nova tradución ao galego de 'Porca terra', de John Berger, da man de Xoán Abeleira e a·lenta

A Fundación Uxío Novoneyra (Parada, Folgoso do Courel) acolle mañá sábado, ás 13 horas, a presentación da nova tradución ao galego da obra de Berger, un manifesto da xente labrega, após 11 anos desde a primeira versión.
porca terra
photo_camera Portada do libro

O tradutor, escritor e xornalista Xoán Abeleira retoma unha nova versión do libro Porca Terra (Pig Earth), a obra que o escritor inglés John Berger publicou en 1979 como primeira parte da súa triloxía Into their Labours, sobre as experiencias da vida labrega europea desde os seus inicios até finais do século XX.

Esta versión actualizada chega  da man da editora coruñesa a·lenta, continuadora do proxecto manchea, que realizou unha tiraxe de 200 exemplares. Destaca a cuberta de papel feito á man, para o que se reciclaron sabas de algodón e se empregaron auga, amidón de arroz, fieitos e extracto de noz, de maneira que os elementos naturais e os procedementos artesanais están presentes no contido e no continente da obra.

Comentarios