As crianzas tamén van de festival

Que tempo é bo para comezar a ir aos festivais? Na Coruña e en San Xoán non hai idade e para comezar ben cedo, o 24 de xuño a cidade prepárase para a invasión de cativada na primeira edición do “San Xoán Pequeniño”. Un novo festival musical para público de cero en diante

As mochilas mudaranse por bolsas de merenda e pouco máis. Na Coruña, da man da xestora de programas culturais para a infancia Urdime e o propio concello nace o 1º Festival de Música San Xoán Pequeniño, un encontro de grupos de música infantil con programación continuada de 12 a 14 e de 16 a 20 horas. 

Á cita da Coruña acudirán boa parte dos “hit” das crianzas, Mamá Cabra, Tic-Tic, Os Bolechas ou A Nena e o Grilo compoñen o apertado programa da xornada musical que terá lugar na Praza de María Pita con entrada de balde. 
O San Xoán Pequeniño inclúe tamén o Circo Chosco, a ludoteca Casa dos Xogos e Xogos Paporrubio, para non parar nese primeiro festival para as crianzas. Pepablo Patinho, Montse Pilón e Jorge Casas presentarán un programa que contará tamén con obradoiros de percusión, monicreques ou móbiles. 

Comentarios