Na procura d´O Estranxeiro. A vida dunha novela
16 de setembro de 2016 (19:24 h.)
O Estranxeiro é o primeiro romance de Albert Camus. Publicado en 1942 na Franza ocupada forma parte da triloxía que o autor denominou ciclo do absurdo.
Alice Kaplan, directora do departamento de francés na universidade de Yale (Conecticut) publicou Looking for The Stranger. Albert Camus and the Life of a Literary Classic. O libro saíu en maio coincidindo co 70 aniversario da viaxe de Camus aos Estados Unidos e agora en setembro foi lanzado en Franza por Gallimard sob o título En quête de L´Etrangere.
En quête de L´Etranger non é unha interpretación da obra de Camus. É a vida da novela, a súa elaboración progresiva, palabra a palabra, mes a mes.