Na procura d´O Estranxeiro. A vida dunha novela

O Estranxeiro é o primeiro romance de Albert Camus. Publicado en 1942 na Franza ocupada forma parte da triloxía que o autor denominou ciclo do absurdo.

Alice Kaplan, directora do departamento de francés na universidade de Yale (Conecticut) publicou Looking for The Stranger. Albert Camus and the Life of a Literary Classic. O libro saíu en maio coincidindo co 70 aniversario da viaxe de Camus aos Estados Unidos e agora en setembro foi lanzado en Franza por Gallimard sob o título En quête de L´Etrangere.

capaNa procura d´O Estranxeiro: Albert Camus e a Vida dun Clásico Literario narra as diferentes etapas, mes a mes, da elaboración desta novela comezada en Arxelia e rematada en Montmartre o 1 de maio de 1940. Camus ten na altura 26 anos e finaliza un texto que, por utilizar algunhas expresións da crítica, polo seu laconismo, pola beleza das súas imaxes e polo absurdo da trama, supón unha fenda na historia da novelística.

En quête de L´Etranger non é unha interpretación da obra de Camus. É a vida da novela, a súa elaboración progresiva, palabra a palabra, mes a mes.

Comentarios