O mosteiro de Albeos non ten quen o merque
No noso país hai un mosteiro románico á venda e non hai quen o merque, en ruínas e non hai quen lle poña freo ao deterioro. O mosteiro de Albeos está á venda por 300.000 desde hai máis de un ano na máis singular das ofertas inmobiliarias.
O estado ruinoso do edificio provocou a alarma da Asociación O sorriso de Daniel en xuño do pasado ano mais as silveiras continúan medrando entre elementos de arte románica. Nin na Consellaría de Cultura nin na Delegación de Pontevedra dan razón sobre o mosteiro de Albeos. En repetidas chamadas o desconcerto é a única resposta. Como explicación, aluden á condición de propiedade privada do inmóbel para explicar a desatención que as ruínas de Albeos provocan na administración pública.
O mosteiro leva máis de un ano á venda nun portal inmobiliario por 300.000 euros mais no concello de Crecente, ao que pertencen, responden que, até o momento, ninguén se interesou polo edificio. De se presentar algún comprador, o Concello tería que ter coñecemento a efectos de permisos e demais trámites administrativos.
En xuño do pasado ano, a asociación O Sorriso de Daniel levantaba a voz de alerta sobre a lamentábel situación do edificio, despois dunha visita colectiva nunha das súas habituais xeiras. “Foi o horror que contemplamos en Albeos o que motivou esta carta que enviamos á Dirección Xeral de Patrimonio”, explicaban entón no seu blog no que incorporaban un conxunto de fotos desoladoras das ruínas do mosteiro.
Na carta rexistrada na Xunta e dirixida ao entón director Xeral de Patrimonio, O Sorriso de Daniel comentaba a visita a San
Imaxes: O Sorriso de Daniel