Que facer?

Moito teatro e moita música, até ópera, na fin de semana

O auditorio da Sede Afundación acolle esta sexta feira (e a próxima quinta 22 de marzo) o III Festival de Ópera Cidade de Pontevedra.

opera aida
photo_camera Un momento da representación de Aida, de Verdi.

Helena: xuízo a unha lurpia 
Carballo 
Pazo da Cultura
Sexta feira
21.00h

Teatro do Atlántico presenta a Helena de Troia, “a bela Helena”, mais a do século XXI, para falarnos do implacábel paso do tempo.

Cinema de historias
Pontevedra 
Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola
Sexta feira
18.00h 

Contacontos para crianzas a cargo de Raquel Queizás, para coñecer Alice Guy, a nai do cinema, e espertar a curiosidade pola orixe da sétima arte.


III Festival de Ópera Cidade de Pontevedra
Pontevedra 
​Auditorio Sede Afundación
Sexta feira e quinta feira 22 de marzo
20.30h

Dúas obras conforman o cartel desta terceira edición do Festival de Ópera Cidade de Pontevedra, as cales contarán coa Orquestra e o Coro da Ópera Nacional de Moldavia. A primeira obra en ser representada será Aida, de Giuseppe Verdi, na sexta feira 9 de marzo; a segunda e última, xa no día 22 de marzo, será Norma, de Vincenzo Bellini. 

De Vacas
O Porriño 
Centro Recreativo e Cultural
Sexta feira
20.30h

Dentro do programa do Día Internacional da Muller achegaranse De Vacas cun orixinal espectáculo musical.

Sés
Vigo
Auditorio Mar de Vigo
Sexta feira
21.00h

Sés continúa imparábel con ‘Readmirando a condición’, o seu quinto e máis recente traballo. 

Habelas Hainas + Voodoo
Tameiga
Sala Rebullón 
Sábado
22.30h

Con motivo da celebración do 8 de marzo, Día Internacional da loita das mulleres, Habelas Hainas e Voodoo ofrecen un concerto no Territorio Cultural de Mos.

Elisa e Marcela
Cangas de Morrazo
Auditorio Municipal
Domingo
21.00h

A Panadaría continúa mostrándonos unha historia de amor a (contra)tempo, con dúas mulleres que casan na Igrexa de San Xurxo da Coruña.

Rubicundo, de Ghazafelhos
Monforte de Lemos
Edificio Multiúsos
Domingo
18.00h

Teatro dos Ghazafelhos proponnos esta peza composta por monicreques, música, poesía e acrobacias; unha historia sobre a amizade para o público miúdo.

Muller tiñas que ser!
A Coruña 
Centro Ágora
Até 23 de marzo

Co gallo do Día internacional da muller e a nena na ciencia (11 febreiro) nace Muller tiñas que ser!, unha nova exposición sobre a presenza, visíbel e oculta, da muller na ciencia. A mostra achega ao seu público unha selección con algún dos descubrimentos e as achegas científicas de mulleres ao longo de diferentes épocas da historia.


 

Comentarios