Mitos e lendas da Galiza ambientan a banda deseñada
Andrés Castro -crítico de cinema de Sermos Galiza-, Ozo Perozo e Alexandre Senande son os autores de Sentinelas da lúa carmesí, un álbum de banda deseñada -o primeiro dunha serie de tres-, que ambienta un relato de aventuras nun mundo derivado das lendas e mitos da tradición oral galega. Meigallos e covas das mouras mestúranse coas peripecias dunha cuadrilla de mozos que navegan entre o mundo real e o fantástico. O volume é un dos que abre a nova colección de banda deseñada da editorial Galaxia.
Recuperar elementos da cultura popular para empregalos nunha banda deseñada pensada para a mocidade. Estudar desde o cómic como se combina o contemporáneo co tradicional. Estes poderían ser algúns…
Debes estar rexistrado para ler este contido
Se xa tes unha conta, inicia sesión
Poderás rexistrarte co teu correo. É rápido e gratis.
Precisa axuda? Envíanos un correo electrónico a subscricion@nosdiario.gal.