Miguel Calvo gaña coa novela 'As esquinas' o V Premio Pinto e Maragota
O Concello de Pontevedra desvelou esta cuarta feira o gañador do V Premio Literario Pinto e Maragota, en colaboración con Edicións Xerais, nunha presentación que contou coa presenza de Anabel Gulías, concelleira de Igualdade de Pontevedra, e Fran Alonso, director da editorial.
O xurado reuniuse o pasado 14 de outubro, após valorar as 38 obras presentadas, elexiu, por unanimidade, a novela As Esquinas de Miguel Calvo como gañadora. É a primeira novela do autor, que narra a historia dun home homosexual que lembra a súa infancia xunto a un pai maltratador. O autor explicou “que empecei a escribir hai catro anos, cando estaba en terapia”. Calvo aclarou que, malia ter referencias persoais, é ficción.
Anabel Gulías subliñou a importancia “dun premio único, que visibiliza a diversidade e nos permite falar, por exemplo, da homofobia presente arredor de todas e todos nós ou darlle voz á comunidade LGTBIQ+” e agradeceu a Xerias o seu compromiso. A concelleira deu os parabéns ao gañador do certame, de quen destacou o traballo que fai coa mocidade, que lle permite pulsar as opinións, inquedanzas e retos respecto, entre outros temas, á diversidade sexual e de xénero.
Pola súa parte, Fran Alonso quixo cualificou de “fundamental” dun premio como o Pinto e Maragota “que axuda a visibilizar a diversidade, nun momento no que os dereitos están en regresión”.
As esquinas fala da violencia dunha vítima da violencia machista na nenez, mais tamén de saúde mental, autolesións, a necesidade de atopar vías de escape á dor. E introduce, dun xeito, testemuñal, a vergoña e a marxinación do protagonista dentro da familia polo feito de ser homosexual.
Ademais de elixir la obra gañadora, o xurado destaca tamén a calidade das obras presentadas cos títulos Biólologo de bechos e Monas, baleas e minchas e recomenda á editora que valore a súa publicación.
O xurado do V Premio literario Pinto e Maragota estivo integrado por: Alberto Pereira Suárez, docente do CEIP Campolongo; Beatriz Otero Solla, membro de Avante LGTB Pontevedra e Sara Vilas Alonso, escritora e responsábel de Comunicación de Xerais. Actuou como secretaria Mercedes Renda Melón, técnica de Igualdade do CIM do Concello de Pontevedra.

