O Merlín de Cunqueiro e outras historias
A aparición do 'Merlín e familia' de Álvaro Cunqueiro na Galicia de mediados do século XX viviuse como un acontecemento literario de primeira magnitude. A obra marcou un antes e un despois na historia das nosas letras e moi ben pode dicirse que con ela comezou o Rexurdimento pleno da Narrativa Galega de Posguerra, que tivo como precursor 'Á lus do candil', o título do seu fraterno compañeiro de tantas angueiras Ánxel Fole. Máis de medio século despois, o inimitable universo do Merlín e familia segue a fidelizar moreas de lectorado novo, o libro é reeditado unha e outra vez e vese traducido ás máis variadas linguas, por non falar das versións fílmicas e adaptacións teatrais ás que foi dando lugar e a inxente cantidade de estudos, exposicións e outras actividades que fixo agromar.
A selva de Esmelle
A primeira edición do libro rematouse de imprentar nos talleres do Faro de Vigo o 25 de agosto de 1955, tal como reza o colofón. En realidade, o título completo era Merlín…
Debes estar rexistrado para ler este contido
Se xa tes unha conta, inicia sesión
Poderás rexistrarte co teu correo. É rápido e gratis.
Precisa axuda? Envíanos un correo electrónico a subscricion@nosdiario.gal.