venres 03/12/21
Cultura

María Rei Vilas faise co premio de narrativa García Barros

O texto titúlase Flores de ferro e o xurado destaca a reivindicación da muller como vítima silenciada da Guerra Civil.
María Rei Vilas.
María Rei Vilas.

O XXXI Premio de Novela Manuel García Barros (Ken Keirades), convocado polo concello da Estrada, ten como gañadora a novela Flores de ferro, de María Rei Vilas.

Segundo o xurado, no texto "a protagonista, Camila, volve ás terras da infancia para pescudar nas orixes familiares e recuperar un período mediatizado polo pai". Verase alí forzada a recompor a súa identidade, á vez que afronta desde o presente dos anos 80 a etapa da Guerra Civil.

"A orixinalidade radica tanto na estrutura narrativa ambiciosa que acompaña o crebacabezas persoal; coma na dosificación da intriga que anima a lectura", engade o fallo. Dotado con 9.000 euros, Galaxia editará a novela o próximo outono.

A información galega está na túa man!

Subscríbete ao noso boletín de novas.

Date de alta de balde e recibirás unha selección dos nosos artigos para saberes o que acontece.

María Rei Vilas faise co premio de narrativa García Barros
comentarios