Mar e cultura unidas en Viana do Castelo

Viana do Castelo é en 2025 a Capital cultural do Eixo Atlántico cun programa que, de febreiro a decembro, combina música, teatro, literatura, gastronomía e artes visuais. A cidade reivindica a identidade compartida entre Galiza e o norte de Portugal, continuando un legado histórico que vai da lírica medieval ás feiras e intercambios comerciais. O proxecto aposta pola cooperación transfronteiriza, a mocidade e a creación contemporánea, deixando un futuro común como herdanza.
Baile tradicional galego-portugués durante a gala inaugural, mesturando música e danza atlántica. (Foto: Viana do Castelo - Capital da Cultura)
Baile tradicional galego-portugués durante a gala inaugural, mesturando música e danza atlántica. (Foto: Viana do Castelo - Capital da Cultura)

Viana do Castelo  transfórmase na Capital cultural do Eixo Atlántico neste 2025, cun programa que combina tradición e innovación, reivindicando a identidade compartida da Galiza co norte de Portugal. Desde febreiro até decembro, esta cidade portuguesa ocupa as rúas con literatura, música, teatro, gastronomía e artes visuais, cun claro obxectivo: celebrar a identidade galego-portuguesa en común e a fomentar a creación da arte contemporánea, deixando un legado cultural que perdure no tempo.

Na praza da República, o corazón histórico da cidade, comenzaron en febreiro as primeiras notas dun calendario que promete ser memorábel e innovador. A inauguración chegou co espectáculo Mar Adentro, dirixido por Daniel Pereira Cristo, que agrupou arredor dun cento de artistas galegos e locais nunha homenaxe ao mar como espazo de unión. O músico galego Xabier Díaz resumía a celebración con moita emoción: "Temos unha historia compartida. Cantamos con melodías irmás, vivimos mirando ao mesmo mar".

Nestes doce meses, Viana do Castelo estase a converter nun espazo cultural no que tradición e innovación camiñan collidos da man. O calendario, impulsado polo Eixo Atlántico do Noroeste Peninsular –asociación de concellos transfronteirizos que fomenta o desenvolvemento a través da cooperación– inclúe concertos de jazz e música de cámara, festivais de folclore, cine, encontros literarios, exposicións de arte contemporánea, espectáculos na rúa, gastronómica e iniciativas como rap e graffiti. Cada evento ten a intención de reforzar o diálogo cultural entre Galiza e Portugal, lembrando que a riqueza da rexión non reside só na súa economía ou paisaxe, senón no intercambio histórico de ideas, tradicións e creacións artísticas conxuntas.

[Poderás ler a reportaxe íntegra no Sermos Galiza que acompaña o Nós Diario deste sábado, 19 de setembro. Resérvao no teu quiosque ou subscríbete ao xornal!]

Comentarios