Luisa Castro volve sobre ‘Baleas e Baleas’

A autora focense apresentará esta quinta feira ás 20 horas a reedición do seu poemario na libraría compostelán de Numax

Luisa Castro ©Lisbeth Salas
photo_camera Luisa Castro ©Lisbeth Salas

Trinta anos despois de que aterrase nos andeis por primeira vez, Baleas e baleas retorna ao escenario presente nunha reedición de Galaxia para a súa colección Dombate. O primeiro e único poemario en galego da poeta Luisa Castro é considerado un libro de culto e será apresentado, nesta última reedición, pola propia autora. Será en Compostela, na libraría Númax, esta próxima quinta feira ás 20 horas. Castro estará acompañada polo editor de Chan da Pólvora, Antón Lopo, e polo poeta Ismael Ramos.

Luisa Castro, nada en Foz no 1966, é autora de media ducia de poemarios en castelán, entre os que figuran Los versos del eunuco (Premio Hiperión, 1986) e Los hábitos del artillero (Premio Rey Juan Carlos, 1989). A escritora foi directora do Instituto Cervantes de Nápoles e actualmente dirixe a sede do centro en Bordeos, onde reside actualmente. Colaboradora en medios de comunicación da Galiza e Madrid, Castro tamén botou ao prelo novelas e relatos como El somier (1990), Viajes con mi padre (2003), Podría hacerte daño (Premio Torrente Ballester, 2005) e La segunda mujer (Premio Biblioteca Breve, 2006).

Comentarios