Leonard Cohen: “O Nobel a Dylan? É como dar unha medalla ao Everest por ser a montaña máis alta”

Asumiu con moita deportividade o cantor, poeta e escritor Leonard Cohen a concesión do Nobel a Dylan, el, que tamén estivo nas apostas nos últimos anos.

Leonard Cohen

Aos seus 82 anos, Leonard Cohen aínda continúa en activo e esta mesma semana apresentou á imprensa en Los Ángeles o seu novo traballo, You Want it Darker.

Inevitabelmente, Cohen foi interpelado polo Nobel a Dylan. Os dous cantores manteñen unha moi boa relación e a intertroca de gabanzas é normal entre eles. Sen ir máis lonxe, nunhas recentes declaracións de Dylan ao The New Yorker, o cantor de Minnesota dicía: “Cando falan de Leonard evitan mencionar as súas melodías (…) que xuntamente coas súas letras son a súa verdadeira xenialidade”.

Cohen non demorou en devolver os afagos ao seu colega: “O Nobel a Dylan é como dar unha medalla ao Everest por ser a montaña máis alta”.

Comentarios