Jim Morrison e Castelao para festexar o Día da Poesía

O ProxectoEwa lanzou en Vigo poemas ao ar acompañados de ilustracións. Fíxoo desde O Castro para conmemorar a data.

ProxectoEwa
photo_camera [Imaxes ProxectoEwa]

ProxectoEwa mestura arte urbana e poesía. É un proxecto de recuperación urbana que non quixo ficar quedo perante a conmemoración do Día Internacional da Poesía (21 de marzo).

Con motivo desta data repartiron poemas nos mercados  Berbés, Progreso, Teis, Florida e Bouzas. Unha maneira, dixeron, de levar para a casa "alimento fresco" envolto en poesía. No concreto distribuíronse 400 envoltorios creados polo Colectivo alterEgo entre as praceiras que contiñan obras da poeta Passtiche. 

Aliás, lanzaron ao ar, desde O Castro, ducias de poemas acompañados de ilustracións de Jim Morrison e Castelao realizadas polo artista vigués David Arambarri. 

'Poesía no ar' foi o nome elixido para esta acción coa que o colectivo de artistas decidiu achegar o xénero á veciñanza. 

Comentarios