A historia das Marías chega a Francia da man de María Lopo 

“Deus femmes contre l´oppression franquiste. Les couleurs de la dignité: Maria et Coralia Fandiño Ricart”, é o título do traballo da ensaísta e profesora galega María Lopo publicado na revista Les Cahiers du CTDEE que leva a historia das dúas irmás de Compostela ao mundo cultural francés. 

marías
photo_camera marías

O traballo sobre a historia de María e Coralia Fandiño, as Marías, “Deus femmes contre l´oppression franquiste. Les couleurs de la dignité”, da profesora e ensaísta María Lopo vén de ser publicado na revista Les Cahiers du CTDEE, editada polo Centro Tolosano de Documentación sobre o Exilio Español.

María Lopo achégase neste traballo á represión que padeceu a familia anarquista das irmás Fandiño ao tempo que analisa a “insuficiente e deformada” recuperación da súa memoria. 

Doutora en Literatura Francesa pola Universidade da Alta Bretaña, María Lopo desenvolveu varias investigacións arredor de mulleres exiliadas, en especial da artista Amparo Segarra e a actriz María Casares. Arredor da grande actriz do teatro francés nacida na Coruña publicou o libro Cartas no exilio. Correspondencia entre Santiago Casares Quiroga e María Casares. Lopo formou parte do equipo fundacional de Unión Libre. Cadernos de vida e culturas, revista que publicou no seu último número varios dos seus traballos en Ensaios en espiral. 

Comentarios