Organizan Nova Poesía Guitírica e Os Vilares
Guitiriz homenaxea a escritora Marica Campo e a Sara das Reixas
10 de outubro de 2019 (13:16 h.)
Nova Poesía Guitírica e Os Vilares, lareira de soños homenaxearán a escritora Marica Campo e mais Sara das Reixas. Será o vindeiro 19 de outubro na Casa Habaneira de Guitiriz, dentro do programa da entrega dos premios de micropoesía Vilariñas.
Corredores de sombras encargaranse de achegar música aos actos.
Nova Poesía Guitírica é “unha iniciativa que xorde no seo das agrupacións poéticas cidadás de base”. “A poesía non reside nun ámbito sublime e elevado desde o que alumea en abstracto”, di o seu texto fundacional, “reside no cotián das mulleres e homes de aquí e agora, ou non é poesía en sentido pleno”.