Organizan Nova Poesía Guitírica e Os Vilares

Guitiriz homenaxea a escritora Marica Campo e a Sara das Reixas

Nova Poesía Guitírica e Os Vilares, lareira de soños homenaxearán a escritora Marica Campo e mais Sara das Reixas. Será o vindeiro 19 de outubro na Casa Habaneira de Guitiriz, dentro do programa da entrega dos premios de micropoesía Vilariñas.
10MaricaCampo_10493_1
photo_camera A escritora Marica Campo. Foto: cedida.

os vilares lareira de soñosMarica Campo (O Inicio, 1948) exerceu a docencia na vila chairega e desde entón ficou vencellada ao lugar. Canda o recoñecemento á autora de Confusión e morte de María Balteira (1996) será distinguida como Trapeira de Honra Sara das Reixas. A maiores, entregarase os galardóns Vilariñas de micropoesía, aos que se presentaron máis de 120: a Beatriz Coira por Volta, a Manuel González por Sixilo, e a Ana García Rivas, por Desexo.

Corredores de sombras encargaranse de achegar música aos actos.
 
Nova Poesía Guitírica é “unha iniciativa que xorde no seo das agrupacións poéticas cidadás de base”. “A poesía non reside nun ámbito sublime e elevado desde o que alumea en abstracto”, di o seu texto fundacional, “reside no cotián das mulleres e homes de aquí e agora, ou non é poesía en sentido pleno”.

Comentarios