Guadi Galego: novo single e novo vídeo
27 de setembro de 2019 (15:11 h.)
Balada de Verán é o novo adianto de ‘Inmersión’, un tema con Lisandro Aristimuño e Germán Díaz. Vídeo no Interior.
Novo adianto dun tema do disco Inmersión e novo vídeo. Guadi Galego volve mergullarnos con ela con Balada de Verán, canción con Lisandro Aristimuño, cantante e compositor arxentino que se atreve a cantar en galego neste tema. Xunto coa zanfona, caixa de música e serrucho de Germán Díaz e a creación visual de Carlos Lago o resultado é o que pode verse a seguir.
‘Inmersión’ publicarase o 25 de outubro e virá acompañado dunha xira de presentación de sete datas que pasará por Compostela, Vigo, Vilalba, Ourense, Coruña, Madrid e Cedeira.