O grupo Tecor Societário estrea novo videoclip

Fotograma do novo vídeo do grupo de celtic punk. (Foto: Nós Diario)
O grupo de celtic punk Tecor Societário vén de estrear "Vai por vós".

O grupo de celtic punk Tecor Societário vén de estrear "Vai por vós", un novo tema co seu correspondente videoclip.

Tanto a canción como o vídeo, que inclúe imaxes de concentracións e mobilizacións recollidas por Galizacontrainfo, "son unha homenaxe ao tecido asociativo galego que se mobiliza e loita de maneira insistente para construír país".

Tecor Societário presentará o tema novo o vindeiro día 4 de febreiro na compostelá Sala Capitol, acompañando a banda italiana Talco.