Peña, gañadores da quinta edición do Concurso Narf de grupos musicais

A Coruña acolleu na noite do domingo a final do Concurso Fran Pérez "Narf" de grupos musicais, que gañou Peña
peña

Peña é a banda gañadora da V edición do Concurso Narf de grupos musicais que convoca a área de Cultura da Deputación da Coruña. en segundo lugar quedou Tamdub, terceira Alba, cuarto Secho e as Sleepy Spice en quinto lugar.

As cinco bandas finalistas do Concurso Fran Perez “Narf”, que chega a súa quinta edición organizado pola Deputación da Coruña, disputaron o premio este serán a partir das 19.30, nun espectáculo aberto ao público no Teatro Colón da Coruña e que tamén se retransmitirá pola canle de Youtube da Deputación.

Peña é un trío formado por Toño Magariños, Elena Vázquez e Rubén Abad. En maio deste ano presentaban o seu primeiro álbum, que leva por título Carreiro' Tamén contan coa publicación do EP Fórmula. O xurado destacou a súa "valentía formal" ao ofrecer unha música que se caracteriza pola sinxeleza e a emotividade.

O concurso é impulsado pola área de Cultura da institución para “lembrar e difundir socialmente a figura e a o obra do músico e compositor”, indica, cando hai unha semana decorreu o seu quinto cabodano.

Este certame, orientado a “difundir, apoiar e promocionar os grupos e artistas musicais das diferentes comarcas e localidades galegas”, foi gañado por grupos como Mounqup, Bala ou Familia Caamagno, entre outros.

A gala esivo presentada pola xornalista Neves Rodríguez, e contou coa actuación de Grande Amore como convidado, ademais das presentacións das finalistas no concurso.

Grande Amore, o nome profesional de Nuno García Pico (O Valadouro, 1995), publicou en 2021 o seu primeiro EP en solitario con sons underground e reivindicando a música en galego.

Xurxo Couto, deputado de Cultura da Deputación; a cantora Uxía; as xornalistas, María Yáñez, Teresa Cuíñas e Carlos Crespo, e o crítico musical Pepe Cunha, son os integrantes do xurado que escolleu os finalistas.

Xornada formativa

Como previa ao evento, a sexta feira organizouse unha xornada formativa con grupos e artistas musicais na sala Juanjo Gallo da Deputación da Coruña, na que se trataron aspectos como as chaves para unha carreira artística de longo percorrido, a comunicación, a identidade dixital ou como protexer os dereitos de autor no terreo dixital.
 

Comentarios