Cinema

Filmin cataloga máis de 80 filmes de autoría galega ou en galego

Ficción, real, clásicos e estreas en Cinemas_Gal.
Fotograma de 'Nación', de Margarita Ledo. (Foto: Nós Produtra Cinematográfica Galega)
photo_camera Fotograma de 'Nación', de Margarita Ledo. (Foto: Nós Produtra Cinematográfica Galega)

A plataforma de cinema en liña Filmin pon a disposición do público un catálogo monográfico no que se agrupan filmes de autoría galega, xunto con outras películas que poden verse en galego grazas á dobraxe ou aos lexendaxe. Baixo a denominación Cinemas_Gal, reúnense máis de 80 títulos que xa formaban parte do repositorio da plataforma, pero que agora poden atoparse clasificados nunha única carpeta temática subdividida en categorías como Éxitos recentes do cine galego, Éxitos internacionais en galego, Autores galegos, Curtametraxes galegas, Documentais, O mellor cine europeo en galego, ou fitas baixo o epígrafe Música.

Esta canle, que conta co apoio da Consellaría de Cultura, Educación, FP e Universidades, quere destacar a presenza do cinema galego no seu conxunto, facilitando a identificación e localización das producións galegas, ou que se poden ver dobradas ou subtituladas ao galego dentro desta plataforma, referente a nivel estatal na distribución de cinema de calidade.

Segundo os seus datos, en 2023 Filmin volveu bater o seu propio récord en canto ao crecemento en número de persoas subscritoras, visionados e títulos en catálogo, así como en películas distribuídas en salas de cinema antes da súa chegada á plataforma.

Comentarios