“Eu son espiña sen rosa / para o lobo e o chacal”: A última de Sés xa triunfa nas redes

Desde esta pasada media noite xa está dispoñíbel para a súa escoita ‘Espiña sen rosa’, adianto do novo álbum de Sés. Vídeo no interior.

Sés

“Eu son espiña sen rosa / para o lobo e o chacal / desde o teito de cristal / que non me queiran sorrir / prefiro ser herba mala / que camelia para lucir”. Así arranca 'Espiña sen rosa', o adianto do novo álbum de Sés e que desde hai unhas horas xa está dispoñíbel para a súa escoita.

Sés presentará o seu novo disco, Liberar as arterias, cunha xira que a levará até Suramérica. O traballo publícase en febreiro. A cantautora actuará na Galiza, América do Sur ou Catalunya, entre outros escenarios. Os primeiros concertos, en Vigo e na Coruña en marzo.

En Liberar as arterias Sés segue evolucionando co seu particular son e no que conflúen unha escolma de cancións, con letra e música compostas pola propia cantante.

Comentarios