Vigo

O escritor Domingo Villar, ingresado na UCI en estado "moi grave" por un infarto cerebral

Atópase na Unidade de Coidados Intensivos (UCI) do Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo e está en estado de coma.
Domingo Villar na taberna do Elixio, en Vigo. (Foto: Nós Diario)
photo_camera Domingo Villar na taberna do Elixio, en Vigo. (Foto: Nós Diario)

O escritor vigués Domingo Villar foi ingresado esta madrugada no hospital Álvaro Cunqueiro tras sufrir unha hemorraxia cerebral.

Segundo puido saber Europa Press, o autor de obras como A praia dos afogados atópase en coma na Unidade de Coidados Intensivos (UCI) do centro hospitalario, após ser trasladado en estado "moi grave".

Domingo Villar (1971) é un dos escritores galegos máis recoñecidos grazas á tradución dos seus libros a varios idiomas, a partir das versións orixinais en galego e castelán. Ollos de auga foi a súa primeira novela, publicada en 2006, seguida de A praia dos afogados. En ambas, Vigo ten un papel protagonista.

Precisamente, o escritor de novela negra foi un dos galardoados co premio Vigués Distinguido este ano, grazas á súa obra, recoñecida en todo o mundo.

Comentarios