Os Diplomáticos levan os seus poetas preferidos á casa de Manuel María

Os Diplomáticos de Monte Alto.

A máis célebre das bandas bravú, Os Diplomáticos de Monte Alto, interpretarán algúns dos seus poemas preferidos na Casa museo Manuel María, en Outeiro de Rei. Será este sábado, 17 de marzo, e baixo o título Poesía para cantar.
 

Textos de Teresa Ramiro, Celso Emilio Ferreiro, Manuel Rivas ou o propio Manuel María protagonizarán o repertorio dos Diplomáticos, catro días antes do Día Mundial da Poesía -estabelecido pola Unesco. “É unha sesión inédita de música e poesía, en que tampouco faltarán as cancións clásicas da banda coruñesa”, indican desde o museo de Manuel María.

 

As entradas para o concerto véndense a cinco euros e pódense reservar en contacto@casamuseomanuelmaria.gal ou chamando ao 698 177 621.