A descoñecida bielorrusa Svetlana Alexievich gaña o Nóbel de Literatura

Seica as casas de apostas confiaban nela, pero os sistemas literarios máis próximos a penas a coñecían. Non está traducida ao galego e só ten verquidas ao español e ao portugués cadansúa obra. 

alexievich_postcard
photo_camera Svetlana Alexievich

Nin Murakami nin Roth, a gañadora deste ano é a autora bielorrusa Svetlana Aleixievich ”pola súa obra polifónica, un monumento ao sufrimento e á coraxe no noso tempo”, segundo a nota de prensa da Academia Sueca. 

Escritora e xornalista, Aleixievich escribe en ruso e ten publicado múltiples obras sobre Chernóbil, a guerra de Afganistán e outros conflictos sociais. Foi moi crítica coa antiga Unión Soviética e tamén co actual goberno bielorruso. Actualmente vive en Alemaña. 

En español está publicada a súa crónica do accidente na central atómica, 'Voces de Chernóbil', e en portugués 'O Fim Do Homem Soviético - Um tempo de Desencanto'.

Comentarios