Dúas propostas artísticas levan o tempo a imaxes e destacan o poder evocador da fotografía
“O tempo ten un nome”. O poema de Celso Emilio Ferreiro serve de preludio para nos achegar a obra exposta de Carmen Carreiro e Emilio Villar, reunida para falar do paso do tempo, das imaxes do pasado que chegan ate hoxe, da memoria que se agocha na evocación das fotografías.
“O tema que tratamos e que unifica todo é o paso do tempo, as nostalxias, as historias, o que nos deixa, o que nos leva e tamén como nos achega a un final que aínda que non nomeamos, todos co
O branco e negro é a marca do traballo de Emilio Villar, ausencia de cores que nos remite ao propio pasado da fotografía. Con influencia dos clásicos do cinema ofrécenos nesta exposición o seu traballo en analóxico,co tratamento das imaxes propias do século XX, onde cinema e fotografía emerxían en branco e negro. Cunha orixe nas artes gráficas e o manexo do tratamento fotográfico nese sector, Emilio Villar ten exposto en numerosas salas nos inicios da súa cidade de Vigo e, con posterioridade, en salas galegas e portuguesas. A obra que expón en “O tempo ten un nome” leva a súa sinatura de comezo a fin, desde que o instante é captado a través do obxectivo até que el mesmo se sorprende no cuarto de revelado, onde traballa as posibilidades artísticas da fotografía. Desde o 2008 achégase tamén á fotografía dixital pero a obra exposta nesta ocasión forma parte dos seus primeiros tempos creativos.
Se Emilio Villar chega á fotografía desde as artes gráficas, Carmen Carreiro ve
Non é esta a primeira vez que as propostas artísticas de Emilio Villar e Carmen Carreiro se mostran conxuntamente. Os seus nomes xuntáronse xa en exposicións de Vila Nova de Cerveira, Balneario de Mondariz, Auditorio de Vilagarcía ou a Casa das Artes de Arcos de Val de Vez. Neste caso a cor e o branco e negro son signos diferenciais de cada un dos artistas, que se achegan nesta iniciativa a dúas maneiras de evocar o pasado ou traelo ao presente.