Curtocircuíto clausura a súa vixésimo segunda edición coa entrega de premios: estes foron os galardóns

A praza da Quintana, Praterías, o Teatro Principal, o Auditorio da Galiza, Numax ou espazos naturais como o Xardín das Pedras que Falan foron sede dunha programación que combinou cinema internacional, creación galega, espectáculos audiovisuais en directo e encontros co público.
Público durante a edición de 2025 do Curtocircuíto. (Foto: Curtocircuíto)
Público durante esta edición do Curtocircuíto. (Foto: Curtocircuíto)

O Festival Internacional de Cinema Curtocircuíto clausurou este domingo a súa vixésimo segunda edición coa entrega de premios dos xurados. Desta maneira, o galardón á mellor película recaeu en Quando a terra foge, de Federico Lobo. O acto, conducido por Nuno Pico, puxo o ramo a seis días de cinema, música e sesións especiais en Santiago de Compostela.

Ademais, os xurados outorgaron o premio mención especial a The man who could not remain silent, de Nebojsa Slijepcevic, mentres que o premio cosmos á película máis innovadora recaeu en Portais, de Elena Duque. O premio Supernova foi para Pupa, de Antía Carreira.

Así mesmo, outra mención especial levouna Delirio Sketchs, de Bea Saiáns, mentres que co premio planeta GZ fíxose Furada negra, de Berio Molina. O premio xurado novo foi para Portais, de Elena Duque; e a mención especial deste xurado foi recibida por O conto dunha noite de verán, de María Herrera.

A praza da Quintana, Praterías, o Teatro Principal, o Auditorio da Galiza, Numax ou espazos naturais como o Xardín das Pedras que Falan foron sede dunha programación que combinou cinema internacional, creación galega, espectáculos audiovisuais en directo e encontros co público.

Presenza institucional

O clausura contou coa presenza da alcaldesa do Concello de Santiago de Compostela, Goretti Sanmartín; a responsábel da área de Cultura da Deputación da Coruña, Natividade González, a concelleira de Capital Cultural, Míriam Louzao; a concelleira de Xuventude, María Rozas, o director do festival, Pela del Álamo, así como representantes da Corporación municipal e das entidades colaboradoras desta edición.

Laia Abril, Brais Revaldería, Guillermo Galoe, Oliver Laxe e Kandgding Ray foron os protagonistas das sesión especiais do festival. Martin Messier, Oliver Laxe, Kangding Ray, ou Amelie Duchow, ademais de talentos galegos como Carme López e Irene Sáenz conformaron o cartel de espectáculos audiovisuais como parte da corrente do festival de pontes e xerar diálogos entre son e cinema.

Comentarios