'Cultura contra a barbarie': gala solidaria con Palestina en Pontevedra

Este 4 de marzo ás 20 horas no Teatro Principal de Pontevedra, o colectivo 'Pallasos en rebeldía' organiza, en colaboración co Concello, 'Cultura contra a barbarie', unha gala en solidariedade co pobo palestino.
13-03-2025  De ninghures Capitol-7
De ninghures tocará na gala 'Cultura contra a barbarie' (Foto: De Ninghures)

Esta cuarta feira 4 de marzo o colectivo 'Pallasos en rebeldía' organiza en colaboración co Concello de Pontevedra ‘Cultura contra a barbarie’, unha gala solidaria por Palestina, que terá lugar ás 20 horas no Teatro Principal

A gala estará presentada por Bea Campos e contará coa participación de artistas galegas de diferentes disciplinas, como a formación musical De Ninghures, o Mago Teto, a cómica Leti da Taberna ou o grupo de circo A Vela.  

As entradas para o evento poden adquirirse por 8 euros a través da web ou por 10 en porta e todos os fondos recaudados irán destinados a financiar as accións humanitarias organizadas por Pallasos en rebeldía en territorio Palestino. Este é un colectivo que loita pola liberación dos pobos oprimidos e emprega as artes circenses e a risa como ferramenta.

A gala está pensada para a participación activa de todos os públicos e, aliás de recadar fondos, busca denunciar e manter o foco sobre o xenocidio que sofre o pobo palestino, destacando o potencial transformador da cultura.  

Comentarios