A Coruña torna na capital da cultura inclusiva

IX Encontro 'Artes pola Integración'
Espectáculo de Helliot Baeza, dirixido por Antonio Aquiles. (Foto: Nós Diario).
photo_camera Espectáculo de Helliot Baeza, dirixido por Antonio Aquiles. (Foto: Nós Diario).

O proxecto "cultural e inclusivo" Artes pola integración organiza o seu noveno encontro con representantes de diferentes iniciativas artísticas, nun certame que se desenvolverá na cidade da Coruña na primeira fin de semana do vindeiro mes de setembro, do día 4 até o 6.A temática deste novo encontro centrase no uso dos espazos abandonados da cidade para presentar as propostas artísticas:  espazos en desuso, apartados ou esquecidos como "unha metáfora ou paralelismo con  certas persoas que, por  ser  distintas, sofren o abandono social e precisan de ser visibilizadas".

O programa, caracterizado pola súa diversidade, permitirá ao público asistente gozar de espectáculos de danza contemporánea e inclusiva no centro Agora e no teatro Rosalía de Castro; graffitis na igrexa e no porto de Oza como escenografía principal; ou de "espazos de reflexión diversa" na Fundación Luís Seoane.

Entre as artistas participantes están a fotógrafa Luisa R.; as bailarinas, Carlota Pérez, Jordi Cortes e Nuria Sotelo; así como as compañías, cía 5s, cía Danza Mobile e a Compañía José Galán, que presentará na cidade herculina un curioso proxecto que trata da inclusión na arte do flamenco. "Estamos dúas persoas en escena, eu e a miña compañeira Lola, bailando en cadeira de rodas. Puiden facer una investigación coreográfica moi interesante, traballando os tres planos desde o chan e grazas á valentía de Lola, porque ela ten mobilidade reducida, pero aparece alí cunha bata de cola, como unha serea, até que chega a unha cadeira de rodas que se presenta non como un estigma ou un elemento traumático, senón que se fai dun modo empático e visualmente fermoso", explica o artista.

Un certame con 12 anos de percorrido

Artes pola integración é un proxecto 'Artes pola integración' é un proxecto que comezou a súa andaina no ano 2008, logo dun traballo de inclusión social a través da danza e o teatro en Prisións da Galiza. 

Ten como obxectivo xeral "romper as barreiras e substituílas por vías de acceso bidireccionais entre artistas e persoas con capacidades diferentes, entre a comunidade e os excluídos, e entre estes e a sociedade para fomentar o coñecemento, o recoñecemento e, en definitiva, a integración e a inclusión social.

Comentarios