O castro de San Cibrao de Las

Vista xeral do castro de San Cibrao de Las. (Foto: Terra Arqueos)
O castro de San Cibrao de Las está situado a un 15 km da cidade de Ourense, nos concellos de San Amaro e Punxín, comarca do Carballiño. É sede do Parque Arqueolóxico da Cultura Castrexa da Galiza e é o exemplo mellor conservado das formas de vida castrexas e a súa transformación en época romana e, por este motivo, é un xacemento excepcional. Polas súas dimensións, trátase dun dos castros máis grandes do noroeste e un dos mellor conservados. Xeograficamente, localízase sobre unha ampla cima que domina unha zona granítica na confluencia do río Barbantiño co Miño, e destaca a súa posición elevada no territorio que lle outorga unha gran visibilidade sobre a contorna.
 
Debes estar rexistrado para ler este contido
star
Poderás rexistrarte co teu correo. É rápido e gratis.
Precisa axuda? Envíanos un correo electrónico a subscricion@nosdiario.gal.