O castro de Elviña: Os ártabros no seu labirinto
O castro de Elviña, na parroquia de San Vicente de Elviña (A Coruña), é coñecido popularmente pola presenza de arquitecturas monumentais, a salientábel existencia de elementos de ourivaría ou de pezas escultóricas nunha zona onde non é usual. O xacemento constitúe un asentamento fortificado de máis de catro hectáreas que domina visualmente o gran porto dos Galaicos lucenses, o golfo ártabro o corazón do territorio dos ártabros ou arrotrebas de Pomponio Mela e que amosa un claro vínculo co comercio marítimo. Unha das súas características máis positivas desde o punto de vista patrimonial é o seu carácter de solo público que o converte potencialmente nun recurso cultural de primeira orde.
No ano 2022 faranse setenta e cinco anos do comezo das escavacións no castro de Elviña . Os traballos non serán nin moito menos continuados durante este tempo, mais pódense agrupar en catro…
Debes estar rexistrado para ler este contido
Se xa tes unha conta, inicia sesión
Poderás rexistrarte co teu correo. É rápido e gratis.
Precisa axuda? Envíanos un correo electrónico a subscricion@nosdiario.gal.