O campo de concentración de Betanzos
O campo de concentración da Magdalena
O campo de concentración de Betanzos situouse nunha antiga fábrica de curtidos localizada no barrio da Magdalena, empregándose, tamén, durante algún tempo como centro de detención unha gran finca propiedade da familia Naveira, a carón do parque do Pasatempo. A factoría de curtidos, fundada por Marcelino Echeverría na Magdalena, á volta de 1837, foi unha das máis importantes existentes dunha cidade na que chegaron a funcionar até unha ducia delas, significándose como un dos centros de produción máis destacados da Galiza, tal e como certificaron durante décadas as propias instalacións, todo un exemplo de arquitectura industrial e do que hoxe só fica a cheminea de ladrillo. A actividade cesou arredor de 1920, coincidindo coa crise que seguiu ao remate da Grande Guerra, ficando o inmóbel nun estado de abandono e iniciándose un proceso de deterioro progresivo das edificacións, até o punto de atoparse “nun estado pésimo” e non ser recomendado o seu uso polas propias autoridades militares no momento da entrada de funcionamento do centro de detención.
A finalidade última dos campos de concentración vincúlase a un plan dos fascistas destinados a sementar o terror
Unhas instalacións “nun estado pésimo”
O campo de concentración de Betanzos, cunha capacidade para dúas mil persoas, permaneceu aberto desde agosto de 1937 até maio de 1939. A súa apertura está directamente ligada á caída da fronte norte e á necesidade de confinar soldados do exército popular de orixe vasca e asturiana, se ben nunha segunda etapa, fundamentalmente tras a ocupación fascista de Catalunya, os prisioneiros son maioritariamente desa procedencia.
[Podes ler a reportaxe íntegra no número 368 do semanario en papel Sermos Galiza, á venda na loxa e nos quiosques]