A Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega homenaxeará Eva Veiga
Basim Mohammad Saleh Adeeb Al-Khandaqji designado "Escritor Galego Universal" de 2026.
A asemblea xeral da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG) desenvolvida este sábado sete de marzo na sede da Fundación Granell de Compostela valorou a actividade desenvolvida pola entidade no pasado ano e marcou as liñas de actuación para 2027.
A entidade acordou que a poeta Eva Veiga sexa a autora homenaxeada como “Escritora na súa Terra – Letra E” en 2027. O galardón busca recoñecer a actividade literaria de autores en lingua galega, chegando este ano a súa XXI edición.
Os actos en homenaxe a Eva Veiga desenvolveranse no mes de xuño en Pontedeume, na comarca do Eume. Veiga é unha das poetas máis recoñecidas da literatura galega contemporánea, destacando pola súa intensa e fonda obra.
A asemblea xeral da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega decidiu, tamén, nomear o "Escritor Galego Universal" de 2026 ao poeta palestino Basim Mohammad Saleh Adeeb Al-Khandaqji como "mostra de admiración e profundo respecto pola súa persoa e polo traballo desenvolto na defensa da literatura e a dignidade nacional de Palestina".
Obradoiros literarios
O colectivo decidiu dar continuidade a diversas entidades de traxectoria xa asentada e de alcance social como son os paseos literarios ou os obradoiros da Escola de Escritoras e Escritores da AELG.
Unha das decisións da asemblea desenvolvida este sábado é reforzar a sección de literatura de tradición oral coa celebración dunha nova Gala dos Premios Mestres e Mestras da Memoria, a través da celebración doutra polafía.
