'As Bestas' faise co galardón ao mellor filme dramático nos Premios Feroz

O equipo de 'As Bestas' en Zaragoza (Foto: Fabián Simón / Europa Press).
O filme de Sorogoyen recibe este galardón após recaudar perto de catro millóns de euros e ser vista por máis de 600.000 espectadores en salas de cinema.

As Bestas, longametraxe de Rodrigo Sorogoyen alzouse co galardón ao mellor filme nos Premios Feroz, en Zaragoza. Con todo, non foi o único filme premiado nesa categoría, xa que o xurado decidiu repartilo entre varias longametraxes.

Pola súa parte, As Bestas tamén saíu triunfadora nos apartados de actor de repartición (Luís Zahera) e música (Oliver Arson).

O filme de Sorogoyen recibe así este galardón após recadar perto de catro millóns de euros e ser vista por máis de 600.000 espectadores en salas de cinema.

Para alén de na Galiza e no Estado español, As Bestas tamén recadou un total de 1,8 millóns de euros en Francia.

Os premios

Os Premios Feroz son galardóns de cine e televisión con sede no Estado español que concede a Asociación de Informadores Cinematográficos de España.

Considéranse unha especie de equivalente aos Globos de Ouro, xa que forman parte da preparación dos Premios Goya, que entrega a Academia Española de Cine.