'As bestas' triunfa nos Premios Forqué como mellor filme

'As bestas', premiada como Mellor película, e 'Apagón', recoñecida como Mellor serie, foron as triunfadoras da XXVIII edición dos Premios Forqué. A mellor película iberoamericana foi 'Argentina, 1985'.
O equipo de 'As bestas' na alfombra vermella dos XXVIII Premios Forqué. (Foto: Europa Press)
photo_camera O equipo de 'As bestas' na alfombra vermella dos XXVIII Premios Forqué. (Foto: Europa Press)

As bestas, premiada como Mellor película, e Apagón, recoñecida como Mellor serie, foron as triunfadoras da XXVIII edición dos Premios Forqué, que renderon unha emotiva homenaxe á actriz e directora Verónica Forqué, falecida o 13 de decembro de 2021. 

A gala, celebrada no Palacio Municipal de IFEMA de Madrid , foi presentada polos actores Adrián Lastra e Esmeralda Pimentel. O último galardón que se anunciou foi o de Mellor longametraxe de ficción e animación, que foi para As bestas, de Rodrigo Sorogoyen.

 

Estamos seguros de que foi disputadísimo porque os directores cos que estamos nomeados... quero aplaudirlles, manifestou o cineasta, que competía con Cinco lobitos, de Alauda Ruiz de Azúa; Alcarràs, de Carla Simón, e Modelo 77, de Alberto Rodríguez.

No apartado de cinema, tamén foi recoñecido como Mellor interpretación masculina o francés Denis Ménochet polo seu papel en As bestas, mentres Laia Costa se fixo co galardón de Mellor interpretación feminina polo seu protagonista en Cinco lobitos

O premio á mellor película iberoamericana foi para Argentina 1985, de Santiago Mitre, que se inspira na historia real do fiscal Julio Strassera, Luis Moreno Ocampo e o seu equipo xurídico, que se atreveron a acusar, a contrarreloxo e baixo constante ameaza, os altos mandos da sanguenta ditadura militar arxentina.

Comentarios