O arquitecto Alejandro de la Sota será o homenaxeado no Día das Artes Galegas 2018

“Unha das personalidades galegas máis influíntes do século XX e o máis notábel entre os arquitectos do Estado español na segunda metade” do século pasado, segundo a Real academia de Belas Artes.

alejabdro de la sota

A Real Academia Galega de Belas Artes (Ragba) elixiu o arquitecto pontevedrés Alejandro de la Sota como a persoa a homenaxear no Día das Artes Galegas 2018, que se celebrará o 1 de abril do vindeiro ano. Esta academia considera que de la Sota é “unha das personalidades galegas máis influíntes do século XX e o máis notábel entre os arquitectos do Estado español na segunda metade” do século pasado. O nome deste arquitecto foi proposto polo Colexio oficial de arquitectos de Galiza.

De la Sota, falecido en 1996, obtivo numerosos premios e recoñecementos ao longo da súa carreira, como o Premio Nacional de Arquitectura en 1974; a Medalla de Ouro ao Mérito das Belas Artes, en 1986; ou en 1988, a Medalla de Ouro de Arquitectura do Consello Superior dos Colexios de Arquitectos de España. Foi un arquitecto que se enmarcou dentro do movemento moderno europeo. Entre as súas obras, a sección do ximnasio do Colexio Maravillas en Madrid ou a composición da fachada do Goberno Civil de Tarragona.

Castelao, en 2016, e Maruxa Mallo, en 2017, foron os anteriores homenaxeados nesta data.

Comentarios